Hoxe teño o día con morriña.
E non o digo só porque sexa o Día das Letras Galegas, se non porque estar aquí, lonxe da civilización faime ver como boto en falta a miña xente. Ben sei que é algo temporal, nunhas horas estarei coa miña muller en casa; mais non remato de afacerme á soidade da caseta de obra.
Esta noite quedaremos os actores do extinto grupo de teatro Teatroula e falaremos de aqueles bos tempos pasados, non tan remotos, e diremos que hai que retomalo (dicilo por n-ésima vez, claro; facelo é máis complicado).
Ó final tomaremos unhas caniñas e remataremos todos nas nosas casas, coas nosas familias e nosas complicacións. A vida é demasiado complexa para facer cousas sinxelas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario